Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

SKROTEX-Web Oficial

Weblog da mellor banda de rock de San Cibrao (Lugo)

De novo por aquí

Pois iso que outra vez por aquí, a verdade é que nom hai moito que contar. Os SKROTEX estamos dedicando moito tempo a rasca-los nosos enormes collóns e tamén un pouco a compoñer, cando teñamos froitos xa colgaremos algo por ahí, ainda nom sabemos como pero xa avisaremos. Para aproveitar esta anotación vou poñer unha fotiños da serie RUBÉN E XENTE DE GRUPOS FAMOSILLOS!!. Tócalle o turno ós navarros KOMA, moi agradables os rapaces por certo (AUPA NAFARROA!!!)









Nashville Pussy MI MADRIÑA!!!!

Pois pouco que contar soamente que o pasado martes 5 de decembro funme cuns coleguillas a ver ós Nashville Pussy na sala Iguana en Vigo, so unha palabra IMPRESIONANTES. Puro rock and roll sen merdas e mamonadas, nada de 10 notas por segundo nin 30 pedais de efecto, so unha SG un Marshall a toda ostia, moita suor e unha botella de Jack Daniels, con grupos coma estes da gusto!!. Outra cousa , en referencia a Skrotex dicir que seguramente para a volta de nadal teñamos que dar a noticia dun grande paso dentro da vida do grupo, xa falaremos,Saúdos IRMÁNS DO METAL!!(sobretodo do alumnio, que por algo somos de SANCI)

Deixovos unhas fotos destos paletos sureños ianquis:









Máis fotos de Skrotex "in live"

Pois eso unhas cantas fotos máis da nosa maravillosa "banda" en directo, agardo bos gusten (dios!! que nivel artístico)











DIOSSSSSSSSSS CANTO TEMPO!!!!!

Ostia xa facia máis de tres meses que non me pasaba por aqui, a putada e que moitos dos milleiros de fans que pasaban por aquí estarán dos nervios porque non sabían nada dos sesu heroes musicais. A verdade é que nom houbo unha causa que xustifique esta falla: a desidia, os exames de setembro, ter que ir para Coruña vivir. Bueno aparte de excusas esta nova actulización vai ser o mellor. O prometido é débeda e por iso tentarei ir poñendo fragmentos do video do concerto que SKROTEX dimos o 4 de agosto na nosa vila SAN CIBRAO. Pero hai un fallo tecnolóxico,e é que o video ten unha extensión na cal nom podo traballar co programa que uso para cortar os videos. Así que polo de agora poño unhas fotos, nas que saímos os SU TA GAR (grandísima xente) e un servidor (foto feita na TIPO de Compostela o 11 de este mes)



Rubén "Lumachon"

GRACIAS A TODOS!!!!!!!!

Gracias a todalas persoas esas que estiveron o pasado venres na Prazoleta de San Cibrao animándonos no concerto. Xamais esperei ese gran apoio, foi unha toleada brutal jajajaja. Xa so cando subimos e sen comezar a tocar a xente xa comezou a tolear, COMO MOLA XOGAR NA CASA!!!. Pois iso moitas gracias de parte de todo o grupo e deixovos unhas fotos (irei poñendo máis pouco a pouco segundo as vaia conseguindo dos coleguitas).Un saúdo












Outra cousiña, movidón cando se subeu o Toñito de Poi, eu estaba a afinar e flipei a ostia, pena non tocar A Cuadrilla de Pepa a Loba como tiñamos pensado nun principio, pola falta de tempo



Mañá xa vos poño máis fotos. Bicos a todos

SKROTEX-Web Oficial © Todos los derechos reservados al autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora se mantiene con Bitacoræ.
ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Sucesos en madrid